A Cidade das Estrelas e a pedra
A Cidade das Estrelas e a pedra
Como cidade medieval, Santiago estaba protexida por unha muralla con Sete Portas, a imitación de Xerusalén.
O obxectivo era protexer a Catedral románica, que se convirte en centro de peregrinación co descubrimento do Sepulcro do Apóstolo Santiago (século IX), xurdindo ó seu redor mosteiros e igrexas, entre as que destacaron San Paio de Antealtares e San Martiño Pinario.
Da propia muralla só se conservan dous tramos: na Fonte de Santo Antonio e nunha vivenda particular na Rúa Entremuros.
A cidade foi ampliándose e protexendo as portas da muralla coa construción de mosteiros das novas ordes relixiosas; Franciscanos en San Francisco e Santa Clara, Dominicos en Bonaval e Belvís, Carmelitas no Carme de Arriba e Carme de Abaixo, Mercedarias no Convento Madres Mercedarias e Nosa Señora da Merced de Conxo.
Acollía ó grupo máis numeroso dos peregrinos do Camiño Francés e tamén era a entrada dos nobres, bispos e autoridades.
Por aquí facían a entrada os peregrinos do Camiño Inglés. Moi preto dispoñían dun hospital de peregrinos baixo a protección de San Roque, peregrino que se converterá en protector fronte ás pestes.
É a menos documentada e con múltiples transformacións urbanísticas, rematando co derrube das casas para a construción da Facultade de Medicina nos primeiros anos do século XX.
Presenta a singularidade de ser a porta de saída tanto para os mortos que quedaban no cemiterio como para quen continuaban o Camiño ata Fisterra (a fin do mundo).
Tamén por esta porta facían a entrada enfermos e tullidos nas súas carretas (Rúa Carretas), así como os produtos das hortas do rural (Rúa das Hortas).
Acollía ós peregrinos do Camiño Portugués. Era tamén a entrada dos produtos agrícolas do Val da Mahía e do peixe de Noia.
Debe o seu nome a un enterramento prehistórico. Era paso de persoas e mercadorías.
É a única que se conserva, con modificacións en diferentes séculos. Facían a entrada por ela os peregrinos do Camiño Mozárabe ou Ruta da Prata.
Coñecida tamén como Porta do Viño, pois por ela entraba o viño do Ulla e o do Ribeiro.
É ben recoñecido que os camiños de peregrinaxe a Compostela percorren case a totalidade da xeografía galega, facendo que a viaxe sexa unha experiencia inesquencible, e a súa conclusión na cidade do Apóstolo, encha ao peregrino de sensacións indescriptibles, en un entorno con unha longa historia chea de lendas e realidades presentes en cada recuncho desta fermosa cidade, sempre disposta a recibir con agarimo aos seus visitantes e todo aquel que queira coñecer a súa historia.
Gran parte da riqueza cultural dun pobo descansa na súa gastronomía. De igual xeito que facían os mercaderes que atravesaban a “Porta de Mazarelos” —a nosa histórica 'Porta do Viño'—, hoxe seguimos honrando a tradición de traer á cidade os tesouros máis prezados das nosas ribeiras.
Invitámoste a descubrir a alma da Ribeira Sacra e o Ribeiro a través das nosas edicións especiais: unha homenaxe á maxestuosidade da Cidade Santa e ao esforzo de quen percorre as súas sendas. Leva contigo o sabor da pedra, do sol e da historia.