Embedded Files

 

Esta é unha viaxe pola historia ofrecida por
"Viños As Sete Portas"
Brindamos contigo en cada etapa

Gran parte da riqueza cultural descansa na gastronomía. De igual xeito que facían os mercaderes da “Porta de Mazarelos” —a nosa histórica 'Porta do Viño'—, hoxe seguimos honrando a tradición de traer á cidade os tesouros máis prezados das nosas ribeiras. 

Invitámoste a descubrir os sabores da Ribeira Sacra e o Ribeiro a través das nosas edicións especiais. 

Tinto D.O. Ribeira Sacra

100% Mencía, aromático, equilibrado e con unha expresión varietal moi definida.

Botella 0,75 l.  

Ver ficha técnica

A nosa presentación

Elegante e Tradicional

Pack "Tradicional" das botellas de Ribeira Sacra e Ribeiro.

Blanco D.O. Ribeiro 

Dorado, fresco, con aromas de frutas brancas e excelente versatilidade gastronómica.

Botella 0,75 l.  

Ver ficha técnica

Hai viaxes que se gravan na pel e momentos que merecen ser brindados.
No interior das nosas botellas, viaxa a maxia de Santiago transformada en viño, e no seu exterior, unha coidada imaxe.

Con etiquetas exclusivas que narran a épica das nosas rutas e o esplendor da nosa cidade, son o testemuño perfecto da túa experiencia e o regalo ideal para quen agarda o teu regreso. 

 Agasallos da nosa terra 

Pergameos históricos

Estes pergameos son crónicas dos millóns de pasos que foron esculpindo o Camiño a través dos séculos. Cada trazo inscrito é un testemuño de fe e superación, que permite ao viaxeiro levar consigo o recordo de Compostela e a sabedoría de quen, tras cruzar montes e vales, atopouse a si mesmo baixo a mirada do Apóstolo.

+ info

Gardiáns da memoria

Son reliquias de luz e sombra que narran a épica dunha muralla lendaria; un recordo imperecedoiro para que aquel que complete a súa xesta nunca esqueza que as portas de Santiago se abren ao corazón de cada peregrino que dirixe os seus pasos a visitar esta histórica cidade

+ info

Chaveiro "gota"

Feito en materia viva e detallado con láser. Un detalle fino, de deseño tradicional e cun aroma da terra que garda a esencia do Camiño. 

+ info

Colgante "corazón"

Unha peza de bidueiro con queimado artesanal. É un agasallo con clase, moi noso e capaz de transportarte de volta á Praza do Obradoiro co só tocalo. 

+ info

Chaveiro "circular"

Un formato clásico, unha lembranza, un símbolo auténtico e poético que pecha o círculo da túa experiencia en Santiago. 

+ info

Pulseira "circular"

Unha peza de material orgánico noble, cuxo relevo foi tallado mediante precisión térmica, creando un souvenir refinado con grande  simbolismo galego.
O resultado é un amuleto característico que recorda os pasos da viaxe espiritual a Compostela. 

+ info

Camiseta textil

Elaborada en algodón 100%. Serigrafiada en alta calidade, con un deseño moderno e actual, facendo clara referencia á memoria das sete portas da cidade, e un "slogan" evocador e, sin dúvida, típico da "retranca" do pobo galego.

+ info

Bolsa textil "tote bag"

Un complemento moi actual e práctico, cunha grande aceptación entre a poboación, especialmente entre os xoves

+ info

Manuel Jenaro Suárez Camino

Arzúa - A Coruña - España

Aviso Legal e Política de Privacidade

© As sete portas dos camiños 2025

Google Sites
Report abuse